‘Aquí Tou!’ chega a Porto do Son esta fin de semana
O monólogo máis persoal de Xosé A. Touriñán formará parte do III Ciclo de Monólogos organizado polo Concello de Porto do Son, cunha función o sábado 25 de abril e que conta xa con todas as entradas esgotadas.
O vindeiro sábado 25 de abril, Xosé A. Touriñán levará o seu monólogo Aquí Tou! á Casa da Cultura de Porto do Son, nunha función programada ás 21.00h dentro do III Ciclo de Monólogos organizado polo Concello de Porto do Son.
Trátase dunha función especial, allea ás xiras recentes do espectáculo, que xorde no marco desta programación cultural e que volve poñer de manifesto o interese do público por unha proposta que continúa a encher auditorios en cada unha das súas citas. As entradas están xa esgotadas, acadando o aforo completo.
En Aquí Tou!, Touriñán constrúe un relato vital no que mestura humor e emoción a partir de experiencias persoais, lembranzas e referencias á cultura popular galega. O espectáculo, escrito xunto a José L. Prieto, propón unha viaxe que vai da experiencia persoal á común, convertendo cada función nun espazo de complicidade co público.
Desde a súa estrea, o monólogo consolidouse como unha das propostas escénicas máis recoñecibles do humor galego recente, mantendo unha relación directa e constante co público, que responde con entusiasmo en cada nova oportunidade de velo en directo.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Moi Animal’ encara a recta final da súa primeira xira
O monólogo de Touriñán ofrecerá seis funcións entre Lugo, Burela e Santiago de Compostela esta fin de semana. Os pases de Lugo e Burela xa teñen todas as entradas esgotadas.
‘Territorio Regueifa’ continúa o percorrido fóra de Galicia con dúas funcións en Asturias
O espectáculo chegará a Xixón e Vegadeo os días 27 e 28 de novembro, respectivamente, nunha nova parada da xira que está levando a improvisación oral galega a outros territorios.
Unha nova etapa para ‘Territorio Regueifa’
O espectáculo de Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira ofrecerá tres funcións durante esta fin de semana en Barakaldo e Laudio. Será a primeira vez que a proposta saia de Galicia desde a súa estrea en febreiro.



