Xosé A. Touriñán obtén o Premio RiR Contigo
O Premio RiR Contigo recoñece a traxectoria do cómico cullerdense
O Festival Internacional de Curtas de Comedia RIR celebrarase do 8 ao 11 de setembro en Allariz

Premio RiR Contigo 2021
Xosé A. Touriñán é o Premio RiR Contigo 2021. O Festival RiR recoñece así a “traxectoria cómica envexable” do actor e cómico cullerdense. Actor, humorista, produtor… Touriñán leva máis de vinte anos facendo rir nos diferentes proxectos que impulsou ou nos que se involucrou, sempre baixo o lema “Rir para vivir”. Unha Noite na Praia, Somos Criminais, Fariña, Cuñados, Rutas Bizarras ou Comicamente son algúns dos proxectos nos que participou estes meses.
O premio entregarase dentro das actividades do Festival, que este ano celebrarase do 8 ao 11 de setembro en Allariz. O humorista gráfico Luis Davila e o actor e humorista Carlos Blanco son os anteriores gañadores deste premio que supón un recoñecemente a unha carreira dedicada á comedia.
RiR, un festival centrado no humor
O Festival RiR é unha das citas indispensables co humor en Galicia. Desde 2018, o festival leva a Allariz teatro, circo, danza, música, monólogos, obradoiros… e o Festival Internacional de Curtas de Comedia. Pensado para disfrutar en familia e encher as rúas de risa, o festival está organizado pola Asociación Cultural Luarada e forma parte da coordinadora galega de festivais de cine Proxecta.
NOTICIAS RELACIONADAS
Un novo espazo dixital para seguir a traxectoria de Xosé A. Touriñán
A páxina recompila toda a información profesional do actor, director e produtor nun espazo renovado, accesible e estruturado arredor da súa traxectoria, proxectos e actividade actual.
A xira estatal do monólogo de Touriñán segue medrando e suma novas datas
O espectáculo de Xosé A. Touriñán continúa ampliando o seu percorrido fóra de Galicia cun calendario que segue incorporando funcións ao longo de 2026 e comezos de 2027.
Lamatumbá, finalista nos XIII Premios Martín Códax da Música
A banda ourensá opta ao galardón na categoría de Orquestras, Grupos e Música de Verbena, reafirmando o seu lugar como un dos grandes referentes da festa e da música popular galega.


