‘Somos Criminais 3’ xa está dispoñible en AGalega.gal
O espectáculo de Carlos Blanco e Touriñán é a primeira obra de teatro que se incorpora ao catálogo de AGalega. A plataforma da Televisión de Galicia estrea con 'Somos Criminais 3' o programa 'Fila 1, butaca G', un formato que achega o teatro ás pantallas.
A plataforma dixital AGalega.gal estreou en exclusiva ‘Somos Criminais 3’, un dos espectáculos máis exitosos do teatro galego. Desde que comezara a andaina en 2018, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán acumularon máis de 100.000 espectadores cun espectáculo que marcou un antes e un despois.
Logo de rematar a xira no mes de xuno de 2023, Carlos Blanco e Touriñán retomaron o espectáculo para esta función, grabada en directo no Auditorio do Grove, pensada para ser vista desde as casas.
En ‘Somos Criminais 3’, os dous actores analizan Galicia e os seus habitantes para saber como somos e porque somos como somos. O espectáculo está dirixido por Tito Asorey sobre textos escritos por José Prieto, Carlos Blanco e Touriñán.
Un espazo para ver teatro desde a casa
Desde esta semana, ‘Somos Criminais 3′ está dispoñible en aberto en AGalega.gal. O espectáculo poderá verse tamén na Televisión de Galicia o sábado 25 no espazo ‘Fila 1. Butaca G’ ás 22.00 horas. Este novo formato, producido por Tamboura, achega diferentes propostas do teatro galego en formato audiovisual deseñado para o seu consumo multiplataforma.
‘Somos Criminais 3’ inaugura este novo espazo para o teatro en galego na televisión pública.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán chega hoxe a Vilalba con ‘Moi Animal’
O Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá dúas funcións do novo monólogo do humorista, que aborda en clave de comedia a nosa relación cos animais e as contradicións da especie humana.
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.



