A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
Caderno
‘Moi Animal’ encara a recta final da súa primeira xira
O monólogo de Touriñán ofrecerá seis funcións entre Lugo, Burela e Santiago de Compostela esta fin de semana. Os pases de Lugo e Burela xa teñen todas as entradas esgotadas.
‘Códice K’ regresa ao Teatro Colón
O espectáculo dirixido por Tito Asorey volve á Coruña logo do éxito de público do mes de setembro.
María Casares regresará a Montevideo na pel de Melania Cruz
‘Continente María’ forma parte da programación do festival Temporada Alta. O espectáculo representarase os días 17 e 18 de febreiro na Sala Lazaroff.
Comezamos o ano nos teatros!
Touriñán e Perdomo continúan a xira de ‘Corentena’ coas entradas esgotadas en Noia e moi poucas localidades libres en Vilalba e no Grove.
Así foi o 2023: todo un ano de festa
Máis de 50.000 espectadoras e espectadores ateigaron os teatros de todo o país para desfrutar de Aquí Tou!, Corentena, Códice K, Continente María, e as despedidas de Recortes e Somos Criminais 3. Levamos a mellor comedia por toda Galicia, e dedicamos o verán á festa que lle deu a volta á festa: o Castelo Conta.
Presentamos o último espectáculo de Abraham Cupeiro
‘Resoando no pasado’ é un espectáculo que mestura o talento de Cupeiro como contador de historias co seu amplo coñecemento da historia dos instrumentos musicais.
O roubo do Códice Calixtino regresa aos teatros
‘Códice K’ volve ao Teatro Colón da Coruña e a Santiago de Compostela; nesta ocasión ao Auditorio de Galicia. As entradas está á venda en codicek.gal e na web de Ataquilla.
Portada »






