A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
Caderno
‘Moi Animal’ encara a recta final da súa primeira xira
O monólogo de Touriñán ofrecerá seis funcións entre Lugo, Burela e Santiago de Compostela esta fin de semana. Os pases de Lugo e Burela xa teñen todas as entradas esgotadas.
Marta Doviro, Federico Pérez e Touriñán, protagonistas da nova edición dos Monólogos R
Baixo o título de ‘Ignorancia Artificial’, chega nunha nova edición dos Monólogos R, un clásico da comedia en Galicia. As funcións terán lugar en Vigo e na Coruña.
Manuel Cortés, finalista nos Premios María Casares polo texto de ‘Códice K’
Os gañadores coñeceranse na gala que terá lugar o 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Gustavo del Río, por ‘Mosca’, e Laura Porto, por ‘A Nai’, son os outros dous candidatos ao premio.
‘Continente María’ triunfa no Festival Internacional Temporada Alta de Montevideo
Dous cheos absolutos e unha gran acollida por parte do público uruguaio para o espectáculo protagonizado por Melania Cruz.
Touriñán sae de novo de xira con ‘Aquí Tou!’
Logo do éxito da primeira parte da xira, o monólogo pasará agora por Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela, Ourense, Lugo e Ferrol. As entradas están á venda en aquitou.gal
Abrimos novas funcións de ‘Corentena’ na Coruña, Santiago e Pontevedra
O espectáculo de Touriñán e Perdomo, que xa superou os 22.000 espectadores, programa novas funcións ante a gran demanda de entradas.
‘Corentena’ chega a Vilalba e O Grove con todas as entradas esgotadas
Os cómicos Xosé A. Touriñán e David Perdomo encherán os catro pases previstos nas dúas localidades o 26 e 27 de xaneiro
Portada »






