Comezamos o ano nos teatros!
Touriñán e Perdomo retoman a xira de 'Corentena' logo do parón do Nadal. O espectáculo continúa esgotando as entradas alí por onde pasa.
Acabaron xa as festas e as farturas, pero para rir sempre queda un oco. Unha enchente de risa é o que ofrecen Touriñán e Perdomo en ‘Corentena‘. Os dous cómicos continúan o seu percorrido polos teatros galegos nunha xira que desde que arrincou non deixa de encher teatros e auditorios. De feito, non quedan entradas desde fai semanas para a primeira data do ano. O Liceo de Noia estará cheo nas dúas funcións deste sábado 13 de xaneiro, ás 20.30 e ás 23.00 horas.
En ‘Corentena‘ Touri e Perdomo traen de volta as historias que naceron no confinamento, propoñendo diferentes situacións e xogando coa improvisación, a actualidade, as rutinas e levando sempre un pouco máis lonxe as extravagancias de Paco, Javi, Eduardo, as xubiladas e o feixe de personaxes que tanto nos acompañaron nas nosas casas.
Este mes, ‘Corentena’ pasará tamén por Vilalba e O Grove, coas entradas a piques de esgotarse para as funcións do 26 e 27 de xaneiro. En febreiro o espectáculo viaxará a Burela e Ponteareas. Podes consultar todas as datas e facerte coas entradas en corentena.gal e na páxina web de Ataquilla.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.



