Xosé A. Touriñán
‘Amoriños’ pecha a súa xira de primavera tras 44 funcións e 35.000 espectadores
A xira de ‘Amoriños’ despediuse no Teatro Colón da Coruña tras seis funcións finais con cheos absolutos. Un percorrido de meses que levou o espectáculo por todo o país cunha resposta masiva do público.
‘Amoriños’ encara a súa recta final cunha intensa fin de semana en Pontevedra
O espectáculo de Touriñán e Perdomo entra no último tramo da súa xira de primavera tras máis de dous meses de funcións por Galicia.
O monólogo de Touriñán continúa a súa xira estatal e suma novas datas en Sarria e Zaragoza
A xira estatal de Xosé A. Touriñán continúa ampliando calendario cunha función esta fin de semana en Oviedo coas entradas xa esgotadas e novas paradas en Sarria e Zaragoza.
‘Amoriños’ chega a Ourense na recta final dunha xira marcada polos cheos absolutos
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo fará parada este venres no Auditorio Municipal de Ourense con dúas funcións xa esgotadas. A xira encara xa as súas últimas datas antes do gran peche no Teatro Colón da Coruña.
Un novo espazo dixital para seguir a traxectoria de Xosé A. Touriñán
A páxina recompila toda a información profesional do actor, director e produtor nun espazo renovado, accesible e estruturado arredor da súa traxectoria, proxectos e actividade actual.
A xira estatal do monólogo de Touriñán segue medrando e suma novas datas
O espectáculo de Xosé A. Touriñán continúa ampliando o seu percorrido fóra de Galicia cun calendario que segue incorporando funcións ao longo de 2026 e comezos de 2027.





