Xosé A. Touriñán
‘Amoriños’ chega a Cee e Vigo con cheos absolutos e suma novas funcións en Pontevedra e A Coruña
A xira de ‘Amoriños’, continúa esta fin de semana en Cee e Vigo, con case todas as entradas esgotadas. O espectáculo amplía ademais o seu percorrido con novas datas en Pontevedra e unha quinta función no peche da Coruña.
Xosé A. Touriñán súmase a ‘Chisteria Colectiva’, unha das grandes apostas do EMHU 2026
O humorista participa no espectáculo colectivo xunto a outros grandes nomes da comedia estatal, unha estrea absoluta no marco do encontro que xa colgou o cartel de entradas esgotadas para as súas dúas funcións en Palexco.
‘Aquí Tou!’ chega a Porto do Son esta fin de semana
O monólogo máis persoal de Xosé A. Touriñán poderá verse este sábado 25 de abril na Casa da Cultura de Porto do Son, como parte do III Ciclo de Monólogos.
‘Amoriños’ chega esta fin de semana a Verín e Lugo con catro funcións e cheos absolutos
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo fará parada esta fin de semana en Verín e Lugo dentro da súa xira de primavera. As catro funcións previstas entre ambas cidades colgan xa o cartel de completo.
‘Amoriños’ retoma a súa xira con cheos absolutos e novas datas
O espectáculo de Touriñán e Perdomo regresa esta semana aos escenarios cunha parada en Ponteareas e varias funcións xa esgotadas. A xira continúa medrando con novas datas en Vigo, Pontevedra e un gran peche previsto na Coruña.
Xosé A. Touriñán participa na miniserie ‘Lobo’, producida por Vaca Films para Netflix
O actor súmase ao reparto de ‘Lobo’, a nova miniserie de época baseada na historia do asesino Manuel Blanco Romasanta, que se está a rodar en diferentes localizacións de Galicia.





