Xosé A. Touriñán será o pregoeiro da Festa da Rosa de Mos 2026
O humorista lerá o pregón do día grande da celebración, o 13 de xuño.
A cita terá lugar no Pazo de Mos, no marco da 53ª edición da festa e coa estrea da I Feira do Viño Rosado de Galicia.
A Festa da Rosa de Mos celebrará este ano a súa 53ª edición cunha programación que volve situar ao municipio pontevedrés como un dos grandes focos festivos do mes de xuño en Galicia. Entre música, gastronomía, actividades culturais e propostas deportivas, a cita suma este ano un dos seus principais reclamos: a presenza de Xosé A. Touriñán como pregoeiro do día grande.
O actor e humorista será o encargado de pronunciar o pregón o sábado 13 de xuño no Pazo de Mos, nunha xornada que concentra algúns dos actos máis representativos da festa. Ese día celébranse tamén os tradicionais concursos de rosas e da empanada de millo, a misa solemne na igrexa de Santa Eulalia e a ofrenda floral aos Marqueses de Mos, entre outras actividades centrais do programa.
A súa intervención enmárcase nunha edición especialmente significativa, na que a Festa da Rosa incorpora como principal novidade a I Feira do Viño Rosado de Galicia. Esta nova proposta reunirá adegas de distintas denominacións de orixe galegas como Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra, coa intención de impulsar a proxección dos viños rosados e consolidar Mos como punto de encontro enogastronómico.
O pregón de Touriñán chegará nun día que tamén contará coa inauguración oficial da feira, así como cunha ampla programación musical, que completa unha xornada pensada para combinar tradición e festa popular. A súa presenza engade así un novo foco de interese a unha celebración que continúa medrando ano tras ano, en participación e relevancia.
NOTICIAS RELACIONADAS
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.



