Xosé A. Touriñán
As entradas para a Xira Galega de ‘Fariña’ xa están á venda!
‘Fariña’ volve á casa logo de ano e medio de éxitos fóra de Galicia. O 12 de marzo arrinca a Xira Galega en Santiago de Compostela. Todas as datas están dispoñibles en farina.gal
Somos Criminais 3 chega á metade da xira superando os 17.000 espectadores
O Auditorio Gustavo Freire acolle esta fin de semana catro funcións que marcan a metade da xira. Despois de Lugo, o espectáculo viaxará a Pontevedra e rematará o mes en Burela.
Comezamos o ano do mellor xeito posible, nos teatros!
Arrincamos esta primeira semana de 2022 con funcións en Vigo e Valladolid. O Teatro Afundación e o Teatro Calderón son as próximas paradas de ‘Somos Criminais 3’ e ‘Fariña’.
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán volven aos teatros cun novo espectáculo
‘Somos Criminais 3’ comeza o seu percorrido polos teatros galegos. Chega con novas historias e personaxes a través dos que averiguar se somos criminais no bo sentido da palabra.
Fariña volve a Galicia
Presentamos no Culturgal a xira galega 2022 de Fariña. A Feira das industrias culturais galegas foi tamén o lugar elixido para o lanzamento de ‘Táboas’, a nosa revista semestral.
Chega ‘Somos Criminais 3’, o novo espectáculo de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán están de volta… e media! Como segundas partes nunca foron boas, chega directamente Somos Criminais 3. Un espectáculo completamente novo no que analizarán Galicia e os seus habitantes.





