Xosé A. Touriñán
‘Ao Redor de Fariña’. As novas adiccións contadas desde o teatro
Xosé A. Touriñán participará xunto aos expertos en novas adiccións Patricia Gómez, Antonio Rial e Manuel Isorna nestas xornadas de información e prevención realizadas desde os teatros. O decorado de Fariña será o escenario sobre o que se desenvolverán os actos.
‘Fariña’ regresa esta primavera a Galicia logo de ano e medio de xira.
O espectáculo baseado no exitoso libro de Nacho Carretero comeza o 12 de marzo en Santiago unha nova xira polas cidades e vilas galegas.
Xosé A. Touriñán e Javi Lopa, finalistas nos XX Premios Mestre Mateo.
Touriñán e Javi Lopa optan a sendos Premios Mestre Mateo polo seu traballo en ‘Cuñados’. Os gañadores coñeceranse o póximo 19 de marzo na gala de entrega desta XX edición dos premios do noso audiovisual.
‘Somos Criminais 3’ chega ao mes final da súa xira
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán estarán en Vilagarcía esta fin de semana. ‘Somos Criminais 3’ achégase aos 25.000 espectadores nesta xira que rematará co mes de febreiro.
‘A Rabia’ entra no catálogo New Spanish Shorts do ICAA
A curta dirixida por Alberto Díaz conta con Xosé A. Touriñán entre os seus protagonistas. O 6 de febreiro proxectarase dentro mercado do festival internacional de Clermont-Ferrand, un dos máis importantes de Europa.
‘Fariña’ no 39º Festival de Teatro de Málaga
O espectáculo dirixido por Tito Asorey está incluído na programación do primeiro acto do veterano festival.
O Teatro Cervantes acolle a representación este xoves 20 de xaneiro.





