Touriñán regresa ao prime time de La 2 coa segunda temporada de ‘Rutas Bizarras’
Xunto a Marta Hazas, Touri presenta este programa de viaxes co que percorrerán o Camiño francés. O inicio desta segunda temporada coincide co remate da primeira de Catro Gatos, que concluíu este domingo.

Xosé A. Touriñán estrea a segunda temporada de Rutas Bizarras este martes xunto a Marta Hazas. O inicio ten lugar en Saint Jean Pied de Port. O programa de viaxes de La 2 volve para renovar o prime time da cadea e render homenaxe ao Camiño de Santiago, coincidindo co Xacobeo 21·22. Para vivir aventuras un martes, comezando esta mesma semana, só haberá que acudir á cita televisiva ás 22:00 horas.
Sempre en clave humorística, os presentadores percorren os lugares da península que non adoitan ser parte dos percorridos turísticos máis convencionais. Nos 14 episodios que conforman a primeira temporada, Touri e Marta visitan sitios tan dispares coma unha mina de carbón, un municipio dun único habitante, o Bosque erótico de Porqueres, a vila embruxada de Trasmoz ou a Igrexa Patólica.
Nesta nova edición, Touri debe cumprir a promesa que fixo no caso de que lles desen a el e a Marta o programa: percorrer o Camiño francés. Así que cruzarán en diferentes etapas o norte da península, de Saint Jean Pied de Port até Fisterra. Case 1.000 quilómetros que deberán andar. Ao longo dos episodios, que se inician con ‘La cruzada pirenaica y el Cristo de los post it’, os presentadores atoparán lugares e personaxes completamente bizarros para sacar aos espectadores unha chea de gargalladas.
‘Catro Gatos’: comedia para os domingos da TVG
Dende a semana pasada xa están disponibles na web da Televisión de Galicia os 13 de programas de Catro Gatos, a última aventura de Xosé A. Touriñán que rematou o pasado domingo as emisións da súa primeira temporada. Todo transcorre nun bar onde se reúnen catro amigos, interpretados por Touri, David Perdomo, Fátima Pego e Noemi Rodríguez. A través das súas conversas evocan vivencias que dan paso a sketchs nos que a espontaneidade e a inventiva dos intérpretes leva a comedia ao aparentemente cotiá.

NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.


