‘Ao Redor de Fariña’. As novas adiccións contadas desde o teatro
Xosé A. Touriñán participará xunto aos expertos en novas adiccións Patricia Gómez, Antonio Rial e Manuel Isorna nestas xornadas de información e prevención realizadas desde os teatros. O decorado de Fariña será o escenario sobre o que se desenvolverán os actos.

Conincidindo co regreso de Fariña a Galicia, terán lugar estas conversas entre Xosé A. Touriñán e o equipo de Fariña
cos Doutores en Psicoloxía e expertos en prevención de condutas adictivas Antonio Rial, Manuel Isorna e Patricia Gómez. Co pano de fondo da historia de Nacho Carretero, artellarase o contexto para conversar e reflexionar sobre as conductas adictivas e a importancia da prevención das mesmas.
Nestas xornadas orientadas á mocidade e ás familias, levamos ás táboas un tema de vital importancia sen perder de vista o entretemento. Uns encontros nos teatros nos que Xosé A. Touriñán facilitará o diálogo entre expertos e público para prover á audiencia da información necesaria cara unha toma de decisións consciente e responsable.
Os expertos en novas adiccións Patricia Gómez, Antonio Rial e Manuel Isorna, iniciarán a conversa; propiciando unha discusión aberta e natural ao redor do tema das dependencias e o impacto que supoñen nos individuos e no sociedade. Ao final das intervencións destes tres expertos, nas que Touriñán intervirá como condutor e facilitador, haberá un coloquio con parte do equipo de Fariña, contextualizando as novas adicións na representación teatral.
A primeira sesión terá lugar no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela o sábado 12 de marzo ás 12.00 horas. O 18 de marzo, Ao redor de Fariña chegará ao Teatro Colón da Coruña ás 10.30 da mañá, nunha sesión que contará ademais coa participación de Nacho Carretero. O acceso a todas as sesións será libre, con aforo limitado, polo que será precisa a retirada de convites a través de Ataquilla.com. Ao redor de Fariña conta co apoio da Deputación da Coruña.

NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.


