Portada »
Territorio Regueifa
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
Máis improvisación oral para despois do verán: ‘Territorio Regueifa’ suma tres novas funcións
O espectáculo regresará aos escenarios en outubro e novembro con tres novas funcións xa confirmadas. Entre elas destaca a primeira representación fóra de Galicia, que terá lugar en Barakaldo.
A regueifa chega ás Rías Baixas
O espectáculo continúa a súa xira este venres 6 de marzo cunha función no Centro Social de Abanqueiro, en Boiro, ás 21.00. Teatro, música e improvisación para celebrar a tradición oral galega.
‘Territorio Regueifa’ presentouse onte en Carballo como un soño que chega ao escenario
A estrea absoluta de ‘Territorio Regueifa’, este venres 6 de febreiro no Pazo da Cultura de Carballo, foi presentada nunha rolda de prensa que puxo o foco na importancia de levar a regueifa ao teatro e de reivindicala como arte viva.
‘Territorio Regueifa’ encara a súa estrea en Carballo
O espectáculo dirixido por José L. Prieto abrirá mañá a venda de entradas e estrearase o 6 de febreiro en Carballo, iniciando así unha nova etapa.
‘Territorio Regueifa’ retoma o seu camiño no Culturgal e anuncia nova data de estrea
Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Manolo Maseda, elenco do espectáculo, visitaron o stand de AGADIC no Culturgal e confirmaron a nova estrea da proposta.





