Territorio Regueifa
Cancelación de ‘Territorio Regueifa’ no FIOT34
A estrea de ‘Territorio Regueifa’, prevista para os días 3 e 4 de outubro no FIOT34, queda cancelada por unha baixa médica dun dos actores. Para non deixar ao público sen teatro, o festival programou ‘Aquí tou!’, monólogo de Xosé A. Touriñán, o venres 3 de outubro no Pazo da Cultura de Carballo.
