‘Somos Criminais’ pon punto e final ao seu exitoso proxecto
Todas as datas, localizacións e venda de entradas xa dispoñibles en somoscriminais.gal
Despois de encher numerosos teatros galegos con ‘Somos Criminais‘ e ‘Somos Criminais 3‘, Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán regresan aos escenarios coa derradeira entrega deste espectáculo.
Dirixida por Tito Asorey e con textos de José L. Prieto, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, en ‘Somos Criminais e punto final’ os dous cómicos están ao mando dunha misión espacial moi particular. Os humoristas serán os encargados de que na súa nave, rumbo a outro planeta, estea presente todo o noso patrimonio material e inmaterial máis prezado para que a nova terra á que emigraremos siga sendo criminal.
A estrea terá lugar o próximo 1 de novembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Posteriormente, o 8 e o 9 de novembro o espectáculo pasará polo Auditorio Municipal de Vilagarcía e, o 16 dese mesmo mes, por Cangas. A finais de novembro a comedia cambiará dúas veces de provincia. Os días 22 e 23 os nosos cómicos farán rir aos veciños de Ourense, o día 29 aos que se acheguen á cidade de Lugo e o 30 aos que pasen por Burela.
Xa en decembro, ‘Somos Criminais e punto final’ estará os días 20 e 21 no Teatro Afundación de Vigo, pero tamén no Teatro Colón de A Coruña os días 28, 29 e 30 de decembro. A comezos do vindeiro ano, Carlos Blanco e Touriñán estarán o 11 e 12 de xaneiro no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra e o 17 e 18 dese mes no Pazo da Cultura de Narón.
Todas as datas e localizacións, así como a venda de entradas están dispoñibles en www.somoscriminais.gal e na web da plataforma Ataquilla. Non quedes sen a oportunidade de desfrutar por última vez deste divertido espectáculo!
NOTICIAS RELACIONADAS
Xosé A. Touriñán recibe o Premio de Honra Manuel Lourenzo de Feteagal
O recoñecemento foi entregado o pasado sábado no Teatro Colón da Coruña, durante a gala dos I Premios Feteagal Manuel Lourenzo do Teatro Amador Galego.
Vedra, Boqueixón, A Rúa, Portas e Triacastela, as cinco paradas do primeiro percorrido de ‘A Lacena Pequena’
A primeira parada do proxecto será en Ponte Ulla, onde a Lacena desenvolverá unha programación cultural durante os días 18 e 19 de setembro. A iniciativa continuará posteriormente por concellos de menos de 5.000 habitantes.
‘A Lacena Pequena’ comeza en Vedra a súa primeira viaxe
O proxecto itinerante impulsado por Ainé e E-ló Arquitectura levará programación cultural a pequenos núcleos de poboación e dará a coñecer mañá en Ponte Ulla as cinco paradas do seu primeiro percorrido.



