‘Somos Criminais 3’ na VII edición do Castelo Conta
O espectáculo de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán estará o xoves 25 de agosto en Castelo. As entradas para esta única función do verán xa están á venda

Logo do éxito de Somos Criminais, o espectáculo que máis entradas vendeu na historia en Galicia con máis de 50.000, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán volveron xuntarse sobre as táboas con Somos Criminais 3. Un espectáculo no que, no canto de crimes con denominación de orixe buscan aclarar se os galegos somos criminais no sentido menos criminal da palabra.
En Somos Criminais 3, Carlos e Touri, analizan Galicia e os seus habitantes para saber como somos e para saber por que somos como somos. Con textos de José L. Prieto, Carlos Blanco e Xosé A Touriñán, o espectáculo está dirixido por Tito Asorey.
Somos Criminais 3 comezou en decembro de 2021 unha xira por Galicia que superou os 26.000 espectadores en menos de dous meses de representacións. Logo de meses cos teatros pechados ou a medio gas, a afluencia de público nesta xira superou todas as expectativas, chegando, por exemplo, a encher 6 funcións seguidas na Coruña.
As entradas para esta única representación do verán están á venda en somoscriminais.gal, nas webs do festival e Ataquilla e nos puntos de venda físicos do Castelo Conta.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán chega hoxe a Vilalba con ‘Moi Animal’
O Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá dúas funcións do novo monólogo do humorista, que aborda en clave de comedia a nosa relación cos animais e as contradicións da especie humana.
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.


