Novas datas de ‘Continente María’
Melania Cruz ponse nos zapatos de María Casares e continúa levando á gran actriz a través deste espectáculo pola xeografía galega. A obra, dirixida por Tito Asorey, estreouse o pasado maio e comezou unha xira que a levará por toda Galicia

En maio do pasado 2022, centenario de María Casares, estreábase na Coruña Continente María, unha homenaxe á singular actriz que sempre levou con ela os seus ideais progresistas e republicanos, un repaso pola súa vida e un diálogo co seu pensamento que establece a protagonista, Melania Cruz. Este ano haberá novas oportunidades para ver a obra pois, polo de agora, xa hai cinco novas datas confirmadas.
En xaneiro Continenete María estará en Carballo, o día venres 27, e en Cedeira o sábado 28. O 24 de marzo estará en Bertamiráns e o 25 dese mesmo mes, en Noia. En abril tamén haberá un pase, o venres 20 en Pontevedra. Toda a información sobre o espectáculo, o calendario e a venda de entradas están dispoñibles en continentemaria.gal.
Esta homenaxe sobre as táboas, dirixida por Tito Asorey e coa música de Vadim Yukhnevich, vén recibindo ao seu paso unha chea de boas críticas, tanto dende os aplausos e opinións en redes sociais do público como dende a prensa. Tras a súa estrea na cidade natal de María Casares, o espectáculo permaneceu unha semana no Salón Teatro de Santiago para despois viaxar por moitas localidades galegas como Lugo, Arteixo, Oleiros, Vigo ou Ourense. Ademais, Continente María chogou ata París, a cidade do exilio sobre cuxos escenarios naceu María Casares como artista. Representouse esta peza no Instituto Cervantes da capital francesa no marco da homenaxe a María Casares programada pola Embaixada Española en Francia.
Un pequeno adianto
Nas próximas semanas anunciaremos novas datas para esta primeira parte do ano na que María Casares seguirá regresando ás táboas na pel de Melania Cruz.
NOTICIAS RELACIONADAS
Lamatumbá, finalista nos XIII Premios Martín Códax da Música
A banda ourensá opta ao galardón na categoría de Orquestras, Grupos e Música de Verbena, reafirmando o seu lugar como un dos grandes referentes da festa e da música popular galega.
‘Amoriños’ chega a Cee e Vigo con cheos absolutos e suma novas funcións en Pontevedra e A Coruña
A xira de ‘Amoriños’, continúa esta fin de semana en Cee e Vigo, con case todas as entradas esgotadas. O espectáculo amplía ademais o seu percorrido con novas datas en Pontevedra e unha quinta función no peche da Coruña.
Xosé A. Touriñán súmase a ‘Chisteria Colectiva’, unha das grandes apostas do EMHU 2026
O humorista participa no espectáculo colectivo xunto a outros grandes nomes da comedia estatal, unha estrea absoluta no marco do encontro que xa colgou o cartel de entradas esgotadas para as súas dúas funcións en Palexco.


