‘Corentena’ comeza en Narón un mes con todas as entradas esgotadas
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo chega ao Pazo da Cultura o 1 e 2 de decembro. A Coruña e Santiago, próximas paradas, colgaron o cartel de non hai entradas.
Tras a súa gran acollida no Teatro Afundación de Vigo fai un par de semanas, os dous cómicos continúan de xira con Corentena. O espectáculo está conectando moi ben cun público que continúa enchendo os teatros. Polo de agora, máis de 10.000 persoas foron cómplices da “corentena” de Xosé A. Touriñán e David Perdomo.
Decembro comeza con catro pases programados no Pazo da Cultura de Narón. A cita será o próximo venres 1 e sábado 2, con dúas funcións diarias para as que están practicamente esgotadas as entradas. Tan só restan uns poucos asentos para o pase do venres ás 22.30 horas.
Logo, Corentena viaxará aos teatros da Coruña e Santiago de Compostela. As entradas para os catro pases programados os días 8 e 9 no Teatro Colón levan semanas esgotadas. O show tamén viaxa a mediados de mes ao Auditorio de Galicia en Compostela, os días 15 e 16, coas entradas para as tres funcións tamén esgotadas.
Comezamos 2024 con novas funcións
O éxito de Corentena na súa andaina polos escenarios durante este ano fixo que o espectáculo de Perdomo e Touriñán anunciara novas datas para os meses de xaneiro e febreiro de 2024. As entradas para as funcións en Noia, Vilalba, O Grove, Burela e Ponteareas están xa á venda en corentena.gal e na web de Ataquilla.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.



