‘Corentena’ fai parada en Vigo
Touriñán e Perdomo fan parada con 'Corentena' en Vigo. As entradas para os dous pases deste domingo están xa esgotadas.
A particular Corentena de Xosé A. Touriñán e David Perdomo continúa xirando polos auditorios galegos. A próxima parada do show será esta fin de semana no Teatro Afundación de Vigo, con funcións programadas ás 17.30 e ás 20.00 horas do domingo. As entradas para os pases na cidade olívica están xa esgotadas.
Os dous cómicos recuperan en Corentena as conversas iniciadas a través de Instagram en tempos de confinamento. Neste show único Touriñán e Perdomo levan aos escenarios as súas exitosas personaxes e ocorrencias. Xogando coas regras do directo e da improvisación, crean unha atmosfera única e especial co único obxectivo de xerar complicidade coa audiencia en cada función.
Unha xira chea de éxitos
Tras a presentación do formato en numerosas salas durante a primavera e logo da súa grande acollida no festival Castelo Conta, os dous cómicos retomaban a súa xira co fin de levar o espectáculo aos auditorios das principais cidades de Galicia. Así, durante o mes de outubro o espectáculo viaxou aos teatros de Vilagarcía de Arousa, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Na recta final deste 2023 as historias e personaxes de Corentena visitan os teatros de diversas localidades da provincia da Coruña. En decembro o espectáculo viaxa ao Pazo da Cultura de Narón, ao Teatro Colón da Coruña e ao Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.
As últimas para as funcións programadas en Narón e Compostela seguen dispoñibles en corentena.gal.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.



