Non resulta nada novo, nun mundo no que as novas tecnoloxías conquistan todos os aspectos da vida, non só nunha concepción laboral. Mais, a diferencia, neste caso, é a aposta por unha ferramenta dixital de nova creación, que persegue a implantación dun sistema inédito no noso sector.
Este afán pola mellora continua dos procesos resulta na xestación dun novo proxecto, denominado Enxeño no que nos atopamos inmerson en pleno proceso de aceleración. Unha aposta pola intregración de procesos e persoas, mellorando as canles de comunicación e ofrecendo recursos para cada traballo e persoa, co propósito de garantir o éxito das producións e a satisfacción de todas as partes implicadas.
Neste andaina, pretendemos consolidar unha plataforma dixital na que se incorporen os procesos de cada produción para establecer unha rede na que cada persoa implicada poida acceder a diferentes contidos e recursos relacionados cun traballo determinado. Deste xeito, cada persoa traballadora encontrá nesta aplicación un lugar ao que acudir para consultar a formalización da prestación dos servizos, pero tamén información en materia de seguirdade laboral, ou calquera outro documento derivado da organización da produción que axilice o contacto e a posta en marcha da actividade.
Ademais, de cara a comunicación externa do proxecto, tamén se porán a disposición os contidos multimedia resultantes de cada produción, co fin de promover o emprego de materiais propios e de calidade para unha comunicación que trasmita o reflexo do traballo coidado desenvolto.
Enxeño tamén aspira a ser unha rede de encontro, na que se compartille información, recursos e, por suposto, colaboracións; propiciando a relación laboral continuada.
A versatilidade da proposta permite incluír diferentes módulos á interfaz, así como reformular aqueles xa definidos unha vez se implementen e se avalíe a súa dinámica de traballo.
En resumo, os obxectivos que se pretenden acadar coa construción deste espazo de encontro son os seguintes:
- Impulso da dixitalización na industria cultural
- Interconexión entre as persoas profesionais
- Incentivo dos patrocinios por parte de iniciativas privadas
- Crecemento a través da modernización do modelo de negocio
- Introdución de melloras como fin a fase de aceleración e a súa posterior avaliación
Estas ambiciosas metas materializanse na plataforma Enxeño, a cal contará coa súa primeira versión ao longo do ano 2024 e para a súa consecución conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais ao resultar beneficiada da subvención para a aceleración cultural no ámbito das artes escénicas ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/241.