Xosé A. Touriñán leva o seu monólogo ao ciclo de La Espina
O cómico pechará o ciclo de monólogos do local de Gandarío. A cita é o venres 24 de novembro ás 22:45 horas.
O monólogo de Touriñán completa a programación das noites de humor no Restaurante La Espina de Gandarío. As entradas para a súa actuación este venres esgotáronse ás poucas horas de saír á venda.
O cullerdense será o terceiro e último cómico en pasar polo escenario de La Espina Gandarío, pechando polo de agora o primeiro ciclo de monólogos que organiza o local. A programación do Restaurante La Espina acolleu durante este mes as actuacións de Carlos Blanco e David Perdomo, dúas das grandes figuras do humor galego que animaron as noites do local bergondés.
Touriñán continúa de xira con Corentena
Touriñán xunto con Perdomo continúa xirando polos escenarios galegos con Corentena. No mes de decembro o espectáculo viaxa a Narón, A Coruña e Santiago de Compostela, onde xa só restan unhas poucas entradas para o cheo absoluto. De cara ao ano 2024, Corentena conta con novas datas en Noia, Vilalba, O Grove, Burela e Ponteareas.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.



