Portada » Espectáculos »
Espectáculos
A noite de Reis, no último capítulo de Nós
O humor de carácter didáctico, centrado nas tradicións relacionadas co Nadal no noso país, ocupou parte da programación da TVG durante estas festas co novo programa de Touriñán e Marcos Pereiro. O terceiro episodio, centrado na festa de Reis, emítese este xoves ás 22.00 horas.
Touriñán e Marcos Pereiro, xuntos de novo na TVG en ‘Nós’
Trátase de tres especiais que a Televisión de Galicia emitirá durante estas festas. Os actores e humoristas cullerdenses farán un repaso pola historia do noso país en clave de comedia, con argumentos centrados en tres datas moi especiais como a Noiteboa, a Noitevella e a noite de Reis.
Baleira recibe este venres a Manolo Lojo
O cómico e actor cullerdense Xosé Antonio Touriñán leva o seu monólogo ao centro sociocultural da localidade luguesa, coas entradas xa esgotadas logo de poñerse á venda hai pouco máis dunha semana. Organizada pola Asociación Os Carreiriños, será a última oportunidade para gozar deste espectáculo en 2016.
Así foi a participación de Touriñán en El Club de la Comedia
O actor e humorista cullerdense foi un dos monologuistas do coñecido programa de laSexta o pasado martes. A súa intervención, seguida e comentada por centos de espectadores desde Galicia nas redes sociais, foi das máis aplaudidas da noite.
El Club de la Comedia recibe este martes a Xosé Antonio Touriñán
O actor e humorista cullerdense estréase no formato referente do humor en directo desde hai máis dunha década. Berto Romero, Ana Simón, Iñaki Urrutia e David Broncano completan o cartel do programa que emite laSexta este martes ás 22.30.
Touriñán e Marcos Pereiro volverán xuntos á Televisión de Galicia polo Nadal
A produtora dos actores cullerdenses comezou esta semana a gravación dun programa especial que a Televisión de Galicia emitirá polas festas. Touriñán e algúns membros do equipo do programa compartiron nas redes sociais que avanzan algúns dos contidos do especial.





