Portada » Espectáculos »
Espectáculos
Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán volven xuntos aos teatros con ‘Agora en serio’
Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán estrearán no mes de maio un novo espectáculo, dirixido por Evaristo Calvo, para celebrar quince anos xuntos.
O Grove e Burela coñecerán esta fin de semana a tráxica biografía de Manolo Lojo
Xosé Antonio Touriñán retoma esta Semana Santa o seu monólogo en solitario nestas dúas localidades, onde actuará o venres e o sábado respectivamente. Para a cita no Grove, que contará con dúas funcións, xa non quedan localidades.
Redondela e Carballo, novas citas cos consellos de Marcos Pereiro para estar en forma
Sabe ben Marcos Pereiro que non hai dor. Que todo é cuestión de constancia e disciplina. Que o seu corpo non o ten calquera, e por algo será! En Redondela e Carballo coñecerán esta fin de semana os segredos para ser como Armario Empotrado.
‘Como ser Armario Empotrado’: o novo monólogo co que Marcos Pereiro xirará por toda Galicia
A Illa de Arousa será a primeira parada dunha xira que levará ao actor cullerdense a outras seis localidades co seu primeiro espectáculo en solitario. ‘Como ser armario empotrado’ é o título dun divertido monólogo sobre a experiencia do propio protagonista nun particular ximnasio.
Touriñán abarrota o Gustavo Freire de Lugo
Case mil persoas encheron este luns o auditorio lugués nun evento organizado pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, que contou con Maro Carretero como teloneiro do monólogo do humorista cullerdense. Touriñán aparca agora este espectáculo para centrarse na terceira xira de ‘Amigos ata a morte’, onde comparte escenario con David Amor e Ledicia Sola.
‘Amigos ata a morte’ anuncia unha terceira xira
O espectáculo teatral máis exitoso dos últimos tempos en Galicia estará de novo nos teatros e auditorios das principais cidades e vilas do país. David Amor, Ledicia Sola e Xosé A. Touriñán forman o elenco da obra, escrita e dirixida por Javier Veiga.





