Redondela e Carballo, novas citas cos consellos de Marcos Pereiro para estar en forma
Sabe ben Marcos Pereiro que non hai dor. Que todo é cuestión de constancia e disciplina. Que o seu corpo non o ten calquera, e por algo será! En Redondela e Carballo coñecerán esta fin de semana os segredos para ser como Armario Empotrado.

O primeiro monólogo de Marcos Pereiro é toda unha guía práctica para aquel que desexa cumprir os seus obxectivos no ximnasio. E é que o actor cullerdense ten experiencia, e moita! É certo tamén que o seu son os ximnasios caros, con monitores de nomes impronunciables e mostradores de mármol. Pero o resto non deixan de ser relacións, nos vestiarios, na sala de fitness…
Logo de presentar os seus consellos na Illa de Arousa, A Coruña, Noia, Cedeira e Santiago de Compostela, Marcos chega esta fin de semana a Redondela (Multiusos da Xunqueira, con entradas á venda en Ataquilla) e Carballo (American). No que queda de mes visitará Cuntis e A Peroxa, os días 28 e 29 de abril respectivamente.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán chega hoxe a Vilalba con ‘Moi Animal’
O Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá dúas funcións do novo monólogo do humorista, que aborda en clave de comedia a nosa relación cos animais e as contradicións da especie humana.
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.


