O Grove e Burela coñecerán esta fin de semana a tráxica biografía de Manolo Lojo

Xosé Antonio Touriñán retoma esta Semana Santa o seu monólogo en solitario nestas dúas localidades, onde actuará o venres e o sábado respectivamente. Para a cita no Grove, que contará con dúas funcións, xa non quedan localidades.

Todo pode ir a peor, tamén en Semana Santa. Manolo Lojo ten un plan alternativo ás procesións en O Grove e Burela que consiste en coñecer a historia da súa vida. Desde o seu tráxico nacemento, varios meses antes do previsto, ata o día no que soubo que tiña un tío empresario en Arxentina.

El Patio (O Grove) acollerá o venres a primeira cita co monólogo de Xosé Antonio Touriñán, coas entradas xa esgotadas para as dúas funcións previstas. Súmanse a todas e cada unha das actuacións do cómico cullerdense con este monólogo en 2017, que se contan por cheos.

Para o sábado, no auditorio de Burela, aínda quedan entradas en Ataquilla, na biblioteca da Casa da Cultura e no bar O Traste, a un prezo de 8 euros.

Serán as dúas últimas ocasións para gozar con este espectáculo de Touriñán nun tempo: en maio estrea un novo espectáculo con Marcos Pereiro, co que xirará por media Galicia durante os próximos meses.

Entrada anterior
Redondela e Carballo, novas citas cos consellos de Marcos Pereiro para estar en forma
Seguinte entrada
Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán volven xuntos aos teatros con ‘Agora en serio’

NOTICIAS RELACIONADAS

O concerto de Bibopalula

As cancións da serie musical en galego Bibopalula chegarán ao escenario da man de Isabel Garrido (voz), que interpretará os temas da súa banda sonora xunto a Luis Lago (piano), Graciela Carlos (batería) e Pedro Placer (guitarra), nun espectáculo pensado para gozar en familia.

Moi Animal

‘Moi Animal’ é o novo monólogo de Xosé A. Touriñán. A partires de outubro, percorrerá Galicia reflexionando sobre a nosa peculiar relación co resto das especies.

Portada » Caderno » O Grove e Burela coñecerán esta fin de semana a tráxica biografía de Manolo Lojo
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.