Portada » Espectáculos »
Espectáculos
Curtis & Teixeiro despediranse dos escenarios o 9 de decembro en Vigo
Logo de máis de vinte conferencias en outras tantas localidades do país, os investigadores privados, que sorprenderon xa a máis de 5000 persoas coas súas pesquisas, despediranse dos escenarios no Teatro Afundación da cidade pontevedresa.
Os pormenores da vida de Manolo Lojo, en Santiago e Sanxenxo
Xosé A. Touriñán leva este venres un dos seus monólogos máis aclamados ao aniversario do Centro Comercial As Cancelas (Santiago de Compostela) e ao pub La Ola de Sanxenxo. Dúas oportunidades no mesmo día para chegar á conclusión de que todo pode ir a peor…
Touriñán enche por dúas ocasións en As Pontes co Monólogo do Imbécil
Touriñán foi quen de encher por dúas veces o Cine Alovi da localidade coruñesa co espectáculo no que interpreta a Santi, un home ao que todo lle sae mal. As próximas oportunidades para gozar co humor de Touriñán en directo serán co espectáculo Curtis e Teixeiro.
Touriñán e Federico Pérez retoman esta fin de semana a xira de Curtis & Teixeiro
Estarán o venres en Vimianzo e o sábado en Compostela. As entradas tanto para estas funcións como para o resto de datas previstas (Vilagarcía, Burela e Vigo) están á venda en www.curtiseteixeiro.gal
Touriñán e Marcos Pereiro gañan o premio Rebulir 2016 na categoría de patrimonio oral
O xurado outorga o premio aos actores cullerdenses polo “mantemento, difusión e posta en valor do humor con raigame tradicional e en galego”. O galardón entregarase na Gala Central do Festival Internacional Rebulir, o 17 de decembro.
Federico Pérez e Xosé A. Touriñán convértense de novo nos detectives Curtis & Teixeiro
Logo de encher en todos os teatros e auditorios que visitaron nunha primeira xira o pasado mes de xaneiro, retoman agora este espectáculo para actuar noutras oito localidades. A venda de entradas está xa en marcha en www.curtiseteixeiro.gal





