Os pormenores da vida de Manolo Lojo, en Santiago e Sanxenxo
Xosé A. Touriñán leva este venres un dos seus monólogos máis aclamados ao aniversario do Centro Comercial As Cancelas (Santiago de Compostela) e ao pub La Ola de Sanxenxo. Dúas oportunidades no mesmo día para chegar á conclusión de que todo pode ir a peor…

Un home que só ten claro que quere suicidarse é o argumento arredor do cal o protagonista conta os pormenores da súa vida. Así, a vida de Manolo non foi fácil… Un rapaz superdotado que rematou vivindo cunha paga por tonto.
Hai xa máis de dez anos que Xosé Antonio Touriñán (Culleredo, 1980) pensou na historia deste particular personaxe, que ao longo destes últimos anos ten feito rir a milleiros de persoas nas súas actuacións por todo o país. Este venres terá traballo (e quilómetros) que facer entre Compostela e Sanxenxo.
No Centro Comercial As Cancelas actuará ás 20.30 horas, nun evento que forma parte da programación do aniversario desta superficie comercial, da que tamén participan Roberto Vilar ou Os Bolechas. Xa ás 23.00 horas será o pub La Ola de Sanxenxo (un local ubicado no porto deportivo da localidade pontevedresa), onde Manolo Lojo fará un amplo repaso pola historia da súa vida. No primeiro caso a entrada será de balde. No segundo, as entradas están á venda no teléfono 670821704 a un prezo de 12 € con silla e de 10 € de pé.
NOTICIAS RELACIONADAS
Unha nova etapa para ‘Territorio Regueifa’
O espectáculo de Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira ofrecerá tres funcións durante esta fin de semana en Barakaldo e Laudio. Será a primeira vez que a proposta saia de Galicia desde a súa estrea en febreiro.
Zaragoza, a próxima parada do humor de Touriñán
O humorista actuará este sábado no Teatro de las Esquinas, nun percorrido que o levará de novo a Madrid en novembro. A xira continuará en 2027 con novas funcións en Madrid, Valencia, Santander e León.
A xira de ‘Moi Animal’ continúa colgando o cartel de esgotado
A nova proposta de Xosé A. Touriñán estará este venres 30 de outubro no Auditorio Municipal de Ourense, con dous pases, ás 20.30 e ás 23.00 h. A resposta do público continúa acompañando a xira, que xa ten varias funcións completas nas próximas semanas.


