Touriñán, Marcos Pereiro, Federico Pérez e Pepo Suevos estrean webs
Ainé Producións lanza as novas páxinas dos catro artistas aos que representa en exclusiva, con ampla información sobre as súas biografías, as datas actualizadas de todos os seus espectáculos, novas e decenas de fotografías.
Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, Federico Pérez e Pepo Suevos teñen desde este mes de novembro un novo espazo na rede relacionado coas súas carreiras artísticas. Ainé Producións ven de lanzar as súas novas páxinas web, con contidos actualizados exclusivos de cada un dos actores, pensadas para a consulta tanto de seguidores e fans como de profesionais do audiovisual e o teatro.
Os novos portais inclúen fotografías exclusivas de cada un dos artistas, tanto actuais como de arquivo, que complementan aos diferentes apartados con información sobre os actores:
ACTUALIDADE
As webs de Touriñán, Marcos, Fede e Pepo recollen as noticias máis relevantes relacionadas con cada un deles, coa posibilidade de amplialas accedendo á web de Ainé.
DATAS
Por primeira vez, e dando resposta a unha constante petición de fans e seguidores dos artistas, cada web recolle a axenda dos artistas, o que permite coñecer os lugares e datas nos que actuarán.
REDES SOCIAIS
As webs recollen nun apartado específico os comentarios publicados en Twitter polos propios artistas, ou ben os chíos compartidos doutros usuarios. Tamén é posible acceder desde a web aos seus perfiles nas diferentes redes sociais.
BIOGRAFÍA E CURRÍCULO
Un amplo currículo permite coñecer a carreira profesional ao completo dos artistas de Ainé: todos os traballos nos que participaron ao longo da súa traxectoria, así como información variada sobre as súas cualidades como actores.
CONTACTO
Desde as webs é agora posible contactar con cada artista, cubrindo un breve formulario que se remite aos actores de xeito automático.
O lanzamento destas webs ven a reforzar o traballo de comunicación que nos últimos meses ven desenvolvendo Ainé Producións co obxectivo de ampliar o coñecemento sobre os proxectos dos artistas da produtora.
touriñan.gal · fede.gal · marcospereiro.gal · peposuevos.gal
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.






