Touriñán abarrota o Gustavo Freire de Lugo
Case mil persoas encheron este luns o auditorio lugués nun evento organizado pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, que contou con Maro Carretero como teloneiro do monólogo do humorista cullerdense.

Non se recordan en Lugo demasiadas ocasións nas que todas e cada unha das butacas do Auditorio Municipal Gustavo Freire estiveron ocupadas con motivo dun espectáculo. O pasado luns foi unha delas, e Xosé A. Touriñán o protagonista.
O seu monólogo como Manolo Lojo, un home disposto a contarlle ao mundo a súa particular biografía, é todo un fenómeno de masas capaz de encher teatros, auditorios e grandes salas. As causas? Probablemente varias: o éxito de audiencia do Land Rober con Touriñán como un dos grandes protagonistas, a súa participación en El Club de la Comedia ou as sensacionais críticas dos seus últimos espectáculos en directo. Pero tamén o boca a boca sobre este espectáculo, pensado por Touriñán hai xa máis dunha década, e que vive agora unha exitosa segunda xuventude.
As próximas citas, a mediados de abril
Os compromisos de Touriñán con outros dos espectáculos de máis éxito nos que participa, Amigos ata a morte, deixan nas próximas semanas pouco espazo na axenda de Manolo Lojo. As dúas próximas oportunidades para velo serán o 14 e o 15 de abril en O Grove e outra localidade aínda por confirmar.
NOTICIAS RELACIONADAS
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.


