Touriñán, Federico Pérez, Marcos Pereiro e Pepo Suevos, xuntos no Luar
O programa especial do Entroido xuntou sobre o escenario aos catro cómicos, que protagonizaron un divertido sketch no que non faltaron os albaneis e as Cantareiras de Ardebullo. O veterán espazo da Televisión de Galicia dirixido por Xosé Ramón Gayoso conta cada venres con Federico e Pepo no papel de dous xubilados moi particulares.
Cartel de excepción no Luar especial de Entroido. Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán uníronse o pasado venres a dous dos cómicos xa habituais do espazo (Pepo Suevos e Federico Pérez) para provocar as gargalladas do público do programa máis veterán da Televisión de Galicia.
Aproveitando o famoso muro que Donald Trump pretende construir na fronteira de Estados Unidos con México, Touriñán e Pereiro convertéronse en xefe de obra e albanel para valorar como proceder coa polémica obra. Do outro lado, Federico Pérez e Pepo Suevos, comentando a xogada desde o outro lado da valla, e mesmo converténdose nas mesmas Cantareiras de Ardebullo.
No Entroido, por suposto, vale todo!
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.


