Touriñán e Marcos Pereiro volverán xuntos á Televisión de Galicia polo Nadal
A produtora dos actores cullerdenses comezou esta semana a gravación dun programa especial que a Televisión de Galicia emitirá polas festas. Touriñán e algúns membros do equipo do programa compartiron nas redes sociais fotografías que avanzan algúns dos contidos do especial.

A piques de cumprir quince anos xuntos como actores e humoristas, Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán traballan neste último mes de ano nun novo programa para a Televisión de Galicia, que ten prevista a súa emisión durante o Nadal.
Os populares actores, xunto co resto do equipo (que compoñen entre outros os guionistas e directores Carlos Ares, Xosé Castro ‘Pato’ e Andrés Mahía), gravaron estes días en Vilalba, desde onde publicaron diferentes fotografías na rede social Instagram que suxiren algúns dos contidos dos que constará o programa.
O equipo de Ainé forma parte tamén da ampla nómina de profesionais que traballan neste especial, desenvolvendo as tarefas de produción.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


