Portada » Espectáculos »
Espectáculos
Un ano nas aldeas e nos teatros
Resumimos o ano que rematou. No 2019 percorremos Galicia cos compromisos de sempre máis vivos que nunca: cultura na nosa lingua, de escenario en escenario. A polo 2020!
A adaptación teatral de Fariña remata o ano preto dos 20.000 espectadores
O espectáculo dirixido por Tito Asorey supera o ecuador da súa primeira xira cun sensacional éxito de público e crítica, ao nivel do acadado antes pola obra de Nacho Carretero e a serie.
Oswaldo Digón e Touriñán celebrarán en Vigo o décimo aniversario de ‘Noites de Retranca’
Un dos espectáculos de humor máis relevantes da última década en Galicia comeza unha xira de espectáculos polo seu décimo aniversario, con algunhas das caras máis coñecidas da comedia do noso país.
A estrea de ‘Fariña’ na Coruña será accesible para persoas con discapacidade auditiva
A adaptación teatral da obra de Nacho Carretero poderá seguirse os días 25 e 26 de outubro a través de equipos de frecuencia modulada, unha axuda técnica proporcionada pola asociación ACOPROS.
“Desde o teatro podemos buscar outras lecturas do que é Fariña”
Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán presentaron na Coruña, acompañados de todo o elenco, a adaptación teatral de Fariña, que iniciará o 25 de outubro unha xira que levará o espectáculo por todo país.
Fariña chega ao teatro da man de Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán
Marcos Pereiro, María Vázquez, Cris Iglesias, Sergio Zearreta e o propio Touriñán forman o elenco dunha adaptación escrita polo dramaturgo José L. Prieto co asesoramento de Carretero, e dirixida por Tito Asorey. Estrearase o 25 de outubro no Teatro Colón da Coruña.





