Oswaldo Digón e Touriñán celebrarán en Vigo o décimo aniversario de ‘Noites de Retranca’
Un dos espectáculos de humor máis relevantes da última década en Galicia comeza unha xira de espectáculos polo seu décimo aniversario, con algunhas das caras máis coñecidas da comedia do noso país.

O décimo aniversario do espectáculo de humor ‘Noites de Retranca’ levará o próximo 26 de decembro a Xosé A. Touriñán e a Oswaldo Digón ao Auditorio Mar de Vigo, no inicio do ciclo co que Rababiero Promocións Artísticas celebra dez anos percorrendo os teatros e auditorios de toda Galicia.
Para a cita con Touriñán e Oswaldo están xa á venda as entradas, a través de Ataquilla. O espectáculo de monólogos, previsto para as 21.00 horas, será unha ocasión única para ver aos dous cómicos xuntos sobre un mesmo escenario.
A este espectáculo do 26 de decembro en Vigo súmanse as que terán lugar tamén no Mar de Vigo (11 de xaneiro) e o Auditorio de Ourense (10 de xaneiro) con Manuel Manquiña, Dani Mateo e David Perdomo.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


