Portada » Espectáculos »
Espectáculos
Marcos Pereiro, Federico Pérez e Oswaldo Digón poxarán curiosas esculturas este luns en Castelo
Nunha función inédita do espectáculo ‘Coleccionistas’, na que Federico Pérez substituirá a Santi Romay, os cómicos improvisarán sobre un amplio catálogo de obxectos dos veciños de Castelo, e construirán a partir deles curiosos sketches.
Carlos Blanco e Touriñán alongan o verán na praia
Unha noite na praia, o espectáculo dirixido e escrito por Javier Veiga que nos últimos meses encheu boa parte dos grandes teatros de Galicia, prepara as últimas funcións desta temporada para o mes de setembro.
Carlos Blanco e Touriñán volven xuntos aos teatros con ‘Unha noite na praia’
O espectáculo teatral, escrito e dirixido por Javier Veiga, percorrerá as grandes cidades galegas entre os meses de maio e xuño. Logo do éxito de Somos Criminais, que bateu todos os records na historia do teatro galego converténdose no espectáculo con máis entradas vendidas, Carlos Blanco e Touriñán xúntanse de novo para ofrecer ao público unha comedia con mar de fondo.
Un ano absolutamente criminal
Rematou 2018. Un ano no que en Ainé transitamos un camiño de ida e volta entre os teatros e os platós, entre as oficinas e as rodaxes, e que en cantidade e calidade de proxectos deixa o listón ben alto de cara ao 2019 que comeza.
‘Somos Criminais’ é xa o espectáculo con máis entradas vendidas da historia do teatro en Galicia
Touriñán e Carlos Blanco valoraron nunha rolda de prensa no Teatro Colón da Coruña o que supón un fito sen precedentes na dramaturxia do noso país. Somos Criminais superou esta semana as 50.000 localidades vendidas, só nove meses despois da estrea, o pasado 31 de marzo na Illa de Arousa.
‘Somos Criminais’ chega de novo aos teatros das grandes cidades
O espectáculo de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, co que xa gozaron ao redor de 40.000 espectadores este ano, ten programadas funcións en Pontevedra, Ferrol, Lugo, Santiago, Cangas, Vigo, A Coruña, Ourense e Narón ata mediados do mes de xaneiro.





