A estrea de ‘Fariña’ na Coruña será accesible para persoas con discapacidade auditiva
A adaptación teatral da obra de Nacho Carretero poderá seguirse os días 25 e 26 de outubro a través de equipos de frecuencia modulada, unha axuda técnica proporcionada pola asociación ACOPROS.

A adaptación teatral de ‘Fariña’ aposta pola accesibilidade. Pola posibilidade de chegar a todo o público, neste caso, ás persoas con discapacidade auditiva. Faino a través da colaboración coa asociación coruñesa ACOPROS, que traballa para dar resposta ás necesidades das familias con fillas e fillos con discapacidade auditiva, así como para o resto de persoas interesadas na realidade das persoas xordas.
A achega de equipos de frecuencia modulada -unha axuda técnica específica que permite aos espectadores xordos poder seguir a obra-, permitirá a persoas con discapacidade auditiva gozar das primeiras funcións de ‘Fariña’, o espectáculo teatral protagonizado por Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, María Vázquez, Cris Iglesias e Sergio Zearreta, baseado na obra de Nacho Carretero.
O Teatro Colón da Coruña acollerá os días 25 e 26 de outubro os primeiros pases do que está chamado a ser un dos grandes éxitos da temporada teatral en Galicia, un espectáculo que logo do seu paso pola Coruña visitará todas as grandes cidades galegas nunha xira que se prolongará ata o mes de febreiro.
ACOPROS defende desde hai máis de corenta anos os intereses globais das persoas con discapacidade auditiva e as súas familias diante da sociedade e as administracións, sensibilizando sobre a sordera e promovendo o diagnóstico precoz e a atención temperá.
NOTICIAS RELACIONADAS
Vedra, Boqueixón, A Rúa, Portas e Triacastela, as cinco paradas do primeiro percorrido de ‘A Lacena Pequena’
A primeira parada do proxecto será en Ponte Ulla, onde a Lacena desenvolverá unha programación cultural durante os días 18 e 19 de setembro. A iniciativa continuará posteriormente por concellos de menos de 5.000 habitantes.
‘A Lacena Pequena’ comeza en Vedra a súa primeira viaxe
O proxecto itinerante impulsado por Ainé e E-ló Arquitectura levará programación cultural a pequenos núcleos de poboación e dará a coñecer mañá en Ponte Ulla as cinco paradas do seu primeiro percorrido.
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.


