A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
Caderno
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Continente María’ emociona na súa estrea no Teatro Rosalía de Castro
O público gozou coa emoción e a potencia escénica do espectáculo no seu arranque no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Do 19 ao 29 de maio poderá verse no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
María Casares regresa á súa Coruña natal coa estrea ‘Continente María’
Melania Cruz protagoniza esta obra dirixida por Tito Asorey. A estrea terá lugar o 16 de maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Posteriormente, ‘Continente María’ estará no Salón Teatro de Santiago do 19 ao 29 de maio.
Touriñán, Oswaldo Digón e Marita Martínez, de xira por Galicia da man dos ‘Monólogos R’
Os tres cómicos protagonizan este mes de maio os Monólogos R. A xira recupera o formato presencial nos teatros galegos e fará parada na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.
‘Fariña’ camiña cara os 65.000 espectadores nesta segunda metade da xira galega.
O espectáculo continúa o seu percorrido por Galicia cunha gran resposta do público. Vigo, Ferrol e Cangas son as próximas paradas.
A actividade volve a Castelo co regreso da Travesía do Xalo
Volve a Travesía do Xalo cun récord de participación. Touriñán protagoniza a campaña promocional e efectuará a entrega de premios dunha xornada que contará tamén coa participación de Pepo Suevos na animación da carreira.
Touriñán regresa ao prime time de La 2 coa segunda temporada de ‘Rutas Bizarras’
Xosé A. Touriñán e Marta Hazas comezan unha nova temporada do programa de viaxes. Nesta ocasión, percorrerán o Camiño francés facendo parada naqueles sitios máis alonxados das tradicionais imaxes dos peregrinos.
Portada »






