Fin de xira de ‘Malo Será!’ na Coruña con Xosé A. Touriñán
O cullerdense formou parte do elenco desta temporada xunto con Lucía Veiga, Evaristo Calvo, Marta Lado, Josito Porto, Marita Martínez e Paula Pier, con Lucía Regueiro como condutora.

O 23 de xullo rematará a xira deste verán de Malo Será! na Coruña, no auditorio do Centro Ágora. Para esta nova temporada do espectáculo, Xosé A. Touriñán formou parte do elenco que percorreu os teatros galegos durante este verán. Lucía Veiga, Marta Lado, Josito Porto, Evaristo Calvo, Marita Martínez e Paula Pier, xunto con Touriñán, levaron as risas a Pontevedra, Rianxo, Vigo, Ourense e Lugo.
O reparto, con Lucía Regueiro como condutora, contou ademais con invitados excepcionais como Carlos Blanco, David Perdomo, Oswaldo Digón, Noemi Rodríguez, María Mera, Pepe Capelán, Pablo Meixe, Jazmín Abuín, Noelia Rey, Iván Davila, Belén Vara, Rocío Romero, Pamela Miguéns, Raúl Alonso, Sara Fernández, Antía Vidal e David Villares.
As entradas para esta última parada están dispoñibles en malosera.tv ou na web de Ataquilla.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


