Chega a VII edición do Castelo Conta!

Xosé A. Touriñán, director do festival, presentou a nova imaxe e a programación nun acto celebrado en Castelo que contou coa presenza de representantes das institucións e empresas colaboradoras. A presente edición desenvolverase do 22 ao 28 de agosto.

Este mes de agosto Castelo volverá encherse de comedia, música e tradición oral logo da paréntese motivada pola irrupción da crise da Covid-19. O Castelo Conta regresa do 22 ao 28 de agosto cunha ampla programación que presentou esta tarde Xosé A. Touriñán, director do festival, nun acto que contou coa presenza de representantes das entidades e empresas patrocinadoras.

Touriñán destacou as ganas de festa que se notan logo de dous anos de parón forzado. Quixo agradecer aos veciños seguir apoiando ano tras ano un festival que foi medrando ata o formato actual, cheo de humor, música, espectáculos e que ten aos veciños como protagonistas absolutos.

José Ramón Rioboo Castro, alcalde de Culleredo, deu a benvida aos veciños, agradeceu o apoio do resto das institucións e destacou a importancia de traer unha programación cultural de calidade ao rural, cunha semana diferente para as festas de Castelo.

Pola súa banda, Ildefonso de la Campa, xerente do Xacobeo 21·22, destacou o compromiso da Xunta e o Xacobeo coa transmisión da nosa cultura e identidade e que o Castelo Conta é garante desa transmisión a través das conversas, as contadas e a música tradicional

Un ano máis, Estrella Galicia e Deleite colaboran coa organización do Castelo Conta, un festival que continúa medrando ao tempo que mantén a súa identidade centrada na tradición oral, a comedia e a cultura rural, e que conta co apoio e colaboración dos veciños e veciñas de Castelo. A Deputación da Coruña e a Agadic tamén apoian esta nova edición do Castelo Conta que ano tras ano segue medrando e contando con grandes nomes da música, o humor e a cultura galega.

Toda a programación e os horarios desta VII edición do Castelo Conta están dispoñibles en casteloconta.gal. As entradas para os espectáculos de pago e convites estarán dispoñibles a partir do luns 1 de agosto na páxina web do Castelo Conta.

Artigo anterior
Fin de xira de ‘Malo Será!’ na Coruña con Xosé A. Touriñán
Artigo seguinte
Ainé e o CDG producen xuntos ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Chega a VII edición do Castelo Conta!