A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
Caderno
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
Nova función de ‘Corentena · Game Over’ na Coruña logo de encher Palexco en menos de 48 horas
O novo espectáculo de David Perdomo e Xosé A. Touriñán supera as 3000 entradas vendidas nunha fin de semana e vai camiño de repetir o éxito de ‘Corentena’.
Xosé A. Touriñán e David Perdomo presentan ‘Corentena · Game Over’, o primeiro videoxogo-espectáculo
Pontevedra acollerá o 7 de marzo a estrea dun proxecto que xirará por toda Galicia ata o mes de xuño, con funcións en oito localidades. A proposta é a continuación de ‘Corentena’, un dos grandes éxitos da pasada temporada nos teatros galegos, con máis de 20.000 espectadores.
Touriñán participa no espectáculo ‘Mentes Peligrosas’ con Leo Harlem, Ana Morgade e JJ Vaquero
Santiago de Compostela recibe este sábado aos cómicos, que actuarán diante de máis de 3000 espectadoras e espectadores no Palacio de Congresos e Exposicións. As entradas están esgotadas desde hai varias semanas.
Xosé A. Touriñán interpretará a Manuel Fraga en ‘La Canción’, a nova serie de Movistar+
Creada por Pepe Coira e Fran Araujo, estrearase o 8 de maio, e conta historia detrás da vitoria de Massiel en Eurovisión no ano 1968.
Xosé A. Touriñán e Javier Veiga protagonizan a curtametraxe de promoción turística da Coruña
A alcaldesa da cidade, Inés Rey, presentou en Madrid “Al Oeste del Noroeste”, un western escrito e dirixido polo propio Veiga, que xa suma milleiros de visualizacións en YouTube.
Gran éxito de ‘O último home’ na súa estrea en Vigo
A Sala Ártika esgotou as entradas o sábado 11 e o domingo 12 nas funcións de presentación do último espectáculo de Manuel Cortés. Nas próximas semanas coñeceremos as datas da xira de presentación.
Portada »






