A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
Caderno
‘Moi Animal’ encara a recta final da súa primeira xira
O monólogo de Touriñán ofrecerá seis funcións entre Lugo, Burela e Santiago de Compostela esta fin de semana. Os pases de Lugo e Burela xa teñen todas as entradas esgotadas.
‘Corentena · Game Over’ despide a súa primeira xira o 6 de xuño en Lugo
O espectáculo de David Perdomo e Xosé A. Touriñán pasou desde o pasado mes de marzo por sete localidades galegas, sumando máis de 10.000 espectadoras e espectadores.
Aquí Tou! pecha a fin de semana con tres novos cheos en Cee e Ourense
Xosé A. Touriñán suma outros dous mil espectadores aos rexistros do seu monólogo, que pechará a xira desta primavera nas próximas semanas.
Así foi a presentación “dun espectáculo espectacular”
Xosé A. Touriñán explicou diante de cen nenas e nenos os detalles da montaxe teatral de Bibopalula, que se estreará na Coruña o 7 de xuño.
Chega o espectáculo infantil da serie ‘Bibopalula’
É o primeiro proxecto de teatro musical para nenas e nenos que produce Ainé, dirixido por Marta Lado e protagonizado por Lidia Veiga. Estrearase na Coruña o 7 de xuño.
‘Somos Criminais e punto final’ xirará por última vez este outono
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán despediranse do seu espectáculo máis exitoso o 1 de novembro na Coruña. Antes, visitarán Santiago, Narón, Vigo e Vilagarcía. As entradas están xa á venda.
Touriñán e Perdomo farán dobre pase de ‘Corentena · Game Over’ no Grove ao esgotar todas as localidades
As entradas para a segunda función, prevista para as 23.00 horas, están xa á venda. O auditorio da localidade pontevedresa recibirá esta nova edición do espectáculo xurdido a partir das conversas dos cómicos durante a pandemia, logo de encher tamén dous pases en xaneiro do 2024 coa primeira parte.
Portada »






