Aquí Tou! pecha a fin de semana con tres novos cheos en Cee e Ourense
Xosé A. Touriñán suma outros dous mil espectadores aos rexistros do seu monólogo, que pechará a xira desta primavera nas próximas semanas no Carballiño, Lugo e Ponteareas.
O espectáculo en solitario de Xosé A. Touriñán segue esgotando localidades. Nesta fin de semana, en Cee e Ourense, onde o cómico actuou diante de preto de dúas mil espectadoras e espectadores, con dobre pase no auditorio Baldomero Cores da vila coruñesa e un novo cheo no auditorio ourensán.
Coas actuacións destes días Aquí Tou! aproxímase ao remate da xira desta primavera, que pasou desde o mes de febreiro por Redondela, Melide e Sanxenxo, e que rematará en dúas semanas no Carballiño (23 de maio), Lugo (24 de maio) e Ponteareas (25 de maio). As últimas entradas están á venda en www.aquitou.gal.
En Aquí Tou!, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, desde o seu nacemento nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos importantes cos que calquera pode sentirse identificado. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, o actor explica a serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, levárono a ser o que hoxe é.
NOTICIAS RELACIONADAS
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.



