Touriñán leva ‘Aquí Tou!’ ao Carballiño, Lugo e Ponteareas esta fin de semana
Serán as últimas datas da xira do seu espectáculo en solitario nesta primavera, que esgotou as entradas en todas as funcións, mesmo con máis dun pase en cada localidade.
Xosé A. Touriñán pecha esta fin de semana a xira coa que percorreu distintas localidades galegas durante toda a primavera. Aquí Tou!, un dos monólogos máis exitosos da última década en Galicia por número de espectadores, estará no Carballiño (venres 23, 21.00 e 23.00), Lugo (sábado 24, 21.00) e Ponteareas (domingo 25, 18.30 e 21.00), coas entradas practicamente esgotadas (só quedan algunhas para a segunda función do Carballiño e para a de Lugo; pódense mercar en www.aquitou.gal).
Coas representacións desta fin de semana Touriñán completa a viaxe que nos últimos meses levou o seu espectáculo en solitario a Redondela, Melide, Sanxenxo, Cee ou Ourense, entre outras localidades, e co que foi quen de esgotar as localidades para todos os pases.
Sobre Aquí Tou!
Touriñán fai un repaso pola súa vida en Aquí Tou!, mesturando ficción e realidade, anécdotas ou cultura popular para explicar como chegou a ser quen é hoxe. O espectáculo conta na produción con Laura Canto, Miguel Vázquez, Pablo Goirigolzarri e Laura Sixto, e na iluminación e o son con Gonzalo Porteiro.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
O monólogo de Touriñán volve a Madrid e Barcelona este mes de outubro
O espectáculo regresará ao Teatro Arlequín o 9 de outubro e chegará ao Teatro Borràs de Barcelona ao día seguinte. A xira continuará nos próximos meses con novas citas en diferentes cidades do Estado.
Xosé A. Touriñán recibe o Premio de Honra Manuel Lourenzo de Feteagal
O recoñecemento foi entregado o pasado sábado no Teatro Colón da Coruña, durante a gala dos I Premios Feteagal Manuel Lourenzo do Teatro Amador Galego.



