Últimas 100 entradas para o monólogo de Touriñán en Melide este venres
Aquí Tou! encherá dous pases, ás 20.30 e ás 23.00 horas, no auditorio do Centro Sociocultural Mingos de Pita. As últimas localidades poden mercarse a través de www.aquitou.gal ou en Ataquilla.
Xosé A. Touriñán chega este venres a Melide co seu espectáculo en solitario, Aquí Tou!, un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular, o cómico cullerdense lévanos da man pola súa vida, e polas boas e malas decisións que, xunto con feitos casuais, levárono a ser que hoxe é.
O auditorio do Centro Sociocultural Mingos de Pita acollerá dous pases, ás 20.30 e ás 23.00 horas. Para o primeiro as entradas están xa esgotadas, e para o segundo quedan dispoñibles pouco máis de cen localidades, á venda en www.aquitou.gal e na web de Ataquilla.
Logo do seu paso por Melide o espectáculo estará en Sanxenxo, Cee, Ourense, O Carballiño e Lugo esta primavera. Todas as datas pódense consultar tamén na páxina web de Aquí Tou!
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.



