Fin de xira de ‘Aquí Tou!’
Esgotadas as entradas para os dous últimos pases da xira de 'Aquí Tou!'. Perdomo e Touriñán seguen a xirar polos teatros de Galicia con 'Corentena'.
Achégase a fin de xira de Xosé A. Touriñán co seu mónologo Aquí Tou!. A cita será no Auditorio Palexco da Coruña, o vindeiro domingo. Cun gran éxito acadado nas diferentes vilas e cidades polas que xirou durante estes meses, as entradas para as dúas funcións programadas para esta fin de semana están xa esgotadas.
Logo de encher tamén os dous pases celebrados no Teatro Colón o pasado outubro, a festa de fin de xira en Palexco está asegurada. Con estes xa son case 5.000 as persoas que gozarán deste monólogo na localidade coruñesa.
Dende a súa estrea o pasado ano, Aquí Tou! percorreu unha decena de vilas galegas acadando unha grande afluencia de públicos. O Auditorio Municipal de O Grove e o Auditorio Meigas e Trasgos en Sarria foron algúns dos espazos que acolleron o espectáculo. Xa na primavera deste ano, Aquí Tou! retomou a súa andaina facendo parada nas cidades de Vigo e A Coruña.
Corentena continúa de xira ata fin de ano
Malia pór punto e á parte a súa andaina con Aquí Tou!, Touriñán continúa percorrendo os escenarios galegos con Corentena.
Na cómplice compaña de David Perdomo, o cómico galego recupera nesta última a complicidade e frescura daquelas noites de comedia improvisada que tiveron lugar durante os meses de confinamento. As entradas para asistir ás funcións programadas en Vigo están xa esgotadas. Porén, no mes de decembro Corentena fará parada en Narón, A Coruña e Santiago de Compostela.
Toda a información, datas e venda de entradas para os espectáculos nestas tres localidades en corentena.gal.
NOTICIAS RELACIONADAS
Unha nova etapa para ‘Territorio Regueifa’
O espectáculo de Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira ofrecerá tres funcións durante esta fin de semana en Barakaldo e Laudio. Será a primeira vez que a proposta saia de Galicia desde a súa estrea en febreiro.
Zaragoza, a próxima parada do humor de Touriñán
O humorista actuará este sábado no Teatro de las Esquinas, nun percorrido que o levará de novo a Madrid en novembro. A xira continuará en 2027 con novas funcións en Madrid, Valencia, Santander e León.
A xira de ‘Moi Animal’ continúa colgando o cartel de esgotado
A nova proposta de Xosé A. Touriñán estará este venres 30 de outubro no Auditorio Municipal de Ourense, con dous pases, ás 20.30 e ás 23.00 h. A resposta do público continúa acompañando a xira, que xa ten varias funcións completas nas próximas semanas.



