Xosé A. Touriñán
‘Fariña’ seguirá en Madrid ao menos ata o 9 de maio
A adaptación ao teatro da obra de Nacho Carretero represéntase no Teatro Cofidís Alcázar cada fin de semana desde decembro, con sensacionais datos de asistencia de público, nos límites que marcan as restricións pola crise sanitaria.
Marta Hazas e Xosé A. Touriñán compartirán “Rutas Bizarras” esta primavera en La 2
Un percorrido por lugares sorprendentes da xeografía da Península que non será doado atopar nas guías turísticas de referencia. O programa chegará ao prime time da segunda canle de TVE despois da Semana Santa.
Carlos Blanco e Touriñán agasallan co filme de Somos Criminais a todas as residencias de maiores
Máis de trescentas copias do espectáculo que os cómicos rodaron o pasado mes de xuño sairon esta semana dirixidas a todas as residencias da terceira idade do noso país, para que desfruten os maiores xunto coas e cos profesionais dos centros.
Fariña volve a Madrid desde o 17 de decembro
O Teatro Alcázar, en pleno centro da capital, acollerá desde a próxima semana a adaptación teatral da obra de Nacho Carretero de mércores a domingo, logo do sensacional éxito do pasado mes de setembro nas Naves del Español.
Os mellores agasallos para un Nadal criminal están xa á venda
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán sacan á venda unha liña de produtos sobre o seu espectáculo máis exitoso en colaboración con Rei Zentolo, que xa poden mercarse na tenda de aine.gal. Dous modelos de camiseta, un modelo de máscara, e a adaptación cinematográfica de Somos Criminais en formato USB, coa posibilidade de mercalo todo nun pack exclusivo.
Somos Criminais volve ao teatro na Coruña polo Nadal
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán preparan unha función especial do seu espectáculo máis exitoso, que chegará ao auditorio de Palexco os días 26 e 27 de decembro.





