José L. Prieto

Un outono cargado de teatro

‘Recortes’ clausurará a súa estadía no Salón Teatro coas últimas seis funcións, ‘Continente María’ inicia a súa xira de outono e ‘Fariña’ volve ás estradas nunha nova aventura fóra de Galicia

Momento do espectáculo 'Recortes, caneos e outras formas de driblar'

A acollida de primeira de Recortes

‘Recortes’ segue a encher o Salón Teatro de Santiago. A gran acollida da nova produción de Ainé e o CDG fixo que se abran dúas novas funcións os sábados 15 e 22

‘Recortes’ pon a grada en pé na súa estrea

A estrea da nova produción de Ainé e o CDG dá comezo á temporada do mellor xeito posible: cos aplausos, os risos e a boa crítica do público. As representacións no Salón Teatro continuarán de mércores a domingo ata o 23 de outubro

Arrinca o partido no Salón Teatro de Santiago

O 29 de setembro arrinca a temporada teatral no Salón Teatro con ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’. Un espectáculo sobre o mundo do fútbol baseado en textos de Nacho Carretero que formarán parte do seu próximo libro.

Presentamos ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’

Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta conforman o elenco deste espectáculo dirixido por Tito Asorey. Recortes está baseada en textos de Nacho Carretero e conta coa dramaturxia de José L. Prieto. A estrea desta produción de Ainé e o CDG será o 29 de setembro no Salón Teatro de Santiago

Portada » José L. Prieto » Páxina 2