Continente María
Un outono cargado de teatro
‘Recortes’ clausurará a súa estadía no Salón Teatro coas últimas seis funcións, ‘Continente María’ inicia a súa xira de outono e ‘Fariña’ volve ás estradas nunha nova aventura fóra de Galicia
‘Continente María’ volve aos teatros galegos
‘Continente María’ continúa o seu percorrido polos teatros. Neste outono do Ano Internacional de María Casares, que celebra o centenario da gran actriz, o espectáculo regresa aos teatros galegos.
‘Continente María’ estará na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
Continúa a xira por todo un continente, onde reivindicamos a figura de María Casares. Este 8 de xullo, Continente María chega a Cangas.
‘Continente María’ emociona na súa estrea no Teatro Rosalía de Castro
O público gozou coa emoción e a potencia escénica do espectáculo no seu arranque no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Do 19 ao 29 de maio poderá verse no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
María Casares regresa á súa Coruña natal coa estrea ‘Continente María’
Melania Cruz protagoniza esta obra dirixida por Tito Asorey. A estrea terá lugar o 16 de maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Posteriormente, ‘Continente María’ estará no Salón Teatro de Santiago do 19 ao 29 de maio.
María Casares volve á Coruña da man de ‘Continente María’
No centenario do nacemento da actriz galega máis universal, presentamos este espectáculo que dialoga coa extraordinaria figura de María Casares. A estrea de Continente María terá lugar o 16 de maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.





