Sen categorizar
O monólogo de Touriñán, ‘Aquí Tou!’, regresa aos escenarios este outono
O espectáculo anuncia novas datas para os meses de novembro e decembro, cunha pequena xira na que estará percorrendo os teatros e auditorios de cinco cidades do país.
Estreamos ‘Territorio Regueifa’, un espectáculo para celebrar a tradición oral galega
Dirixido por José L. Prieto, estrearase no FIOT, en Carballo, o venres 3 de outubro, mesturando música, humor, improvisación e narración para poñer en valor unha das manifestacións máis singulares da tradición oral.
Oferta de traballo: buscamos un perfil de comunicación e promoción
Queremos ampliar o noso equipo cunha persoa que poida axudarnos nunha das partes máis importantes do noso traballo: contar o que facemos e chegar ao público.
Ainé desenvolve un sistema tecnolóxico para a mellora dos procesos de programación e promoción da man do Igape
O sistema optimizará o traballo do equipo da produtora no ámbito da programación e a promoción dos espectáculos.
Ainé participou na xornada ‘Financiar cultura en Galicia: Deducións fiscais por investimento en espectáculos’
O evento, celebrado en Nordés Club Empresarial, congregou profesionais das artes escénicas e a xestión cultural xunto con inversores privados e empresarios da Coruña.
Especialista en márketing e analítica dixital
Buscamos incorporar ao noso equipo un perfil especializado na promoción de proxectos culturais a través de ferramentas dixitais.





