Ainé desenvolve un sistema tecnolóxico para a mellora dos procesos de programación e promoción da man do Igape
O sistema optimizará o traballo do equipo da produtora no ámbito da programación e a promoción dos espectáculos.
O obxectivo principal destas axudas é o reforzo do crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos. O resultado que se pretende acadar é posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
Oferta de emprego para a incorporación dun perfil auxiliar de produción
Con toda a temporada por diante, reforzamos o noso equipo de produción coa incorporación, a tempo completo e cun contrato indefinido, dunha ou dun auxiliar para traballar tanto no ámbito das artes escénicas e os espectáculos como no audiovisual.



